De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante a presente cédula a Ángel López Valle o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 16 de febreiro de 2012, que fixa o prezo xusto do predio n.º 1 sito en Negueira de Muñiz, relativo ao proxecto 00914, expediente 2010/002773, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2012.
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 00914-486 P.O.L. 2005 Negueira de Muñiz E.P. Acevo-Negueira de Muñiz, acondicionamento do p.q. 12,260 ao 13,770.
N.º de expediente: 2010/002773.
Persoa que hai que notificar: Ángel López Valle.
Expropiante: Deputación Provincial de Lugo.
Expropiada: María Graña Monasterio e outros.
Beneficiaria: Deputación Provincial de Lugo.
Predio n.º: 1.
Concello: Negueira de Muñiz.
Provincia: Lugo.
Valoración resolución do Xurado: 12.414,59 €.