Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 12 de abril de 2012 Páx. 13154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 16 de marzo de 2012 pola que se notifican os acordos do Xurado de Expropiación de Galicia, que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2011003005 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo, os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no edificio administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2012.

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01126, reversión predios sector 10 parque ofimático PXOM da Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Beneficiario: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data acto que se notifica

N.º expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Almodóvar Melendo, M.ª José, Cores Castro, Luis A. e López Borrazas, Juan R.

Almodóvar Melendo, M.ª José, Cores Castro, Luis A. e López Borrazas, Juan R.

Almodóvar Melendo, M.ª José, Cores Castro, Luis A. e López Borrazas, Juan R.

2.2.2012

2.2.2012

2.2.2012

2011003005

2011003006

2011003012

15-OFRV-052

15-OFRV-053

15-OFRV-059

429.097,63

829.412,83

606.323,56