Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 13 de abril de 2012 Páx. 13309

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2012 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de marzo de 2012 polo que se aproba a relación de postos de traballo do Consello Galego de Relacións Laborais.

A aprobación da relación de postos de traballo do Consello Galego de Relacións Laborais xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do organismo.

En consecuencia, por proposta do Consello Galego de Relacións Laborais, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 29 de marzo de 2012, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo do Consello Galego de Relacións Laborais, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a publicación desta no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 29 de marzo de 2012, relativo á aprobación da relación de postos de traballo do Consello Galego de Relacións Laborais, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

missing image file