Con motivo da ausencia do presidente da Xunta de Galicia, por mor dunha viaxe aos Estados Unidos Mexicanos, é necesario prover a súa substitución durante o tempo de duración desta.
Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único.
Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe aos Estados Unidos Mexicanos, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día 17 de abril ata o seu regreso, ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Santiago de Compostela, dezaseis de abril de dous mil doce.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente