Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13865

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (739/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña fago saber que no proceso seguido por instancia de Alejandro Lage Reyes contra Técnicas Constructivas Gallegas, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co n.º de despedimento/cesamentos en xeral 739/2011 se acordou citar a Técnicas Constructivas Gallegas, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 2, situado na r/ Monforte s/n-edificio xulgados o día 8.10.2012 ás 11.00 horas para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de notificación a Técnicas Constructivas Gallegas, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no boletín oficial.

A Coruña, 22 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial