Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13883

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1269/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 1269/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Alfonso García Ramos Macho contra a empresa Asociación Instituto Desarrollo Comunitario de Galicia, Aula Cooperativa de Información y Cultura, Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza de data 20 de marzo de 2012 cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimo a demanda formulada por Pablo Alfonso García-Ramos Macho contra Asociación Instituto Desarrollo Comunitario de Galicia, a súa Administración Concursal, a Aula Cooperativa de Información y Cultura, e Fogasa, polo que condeno as empresas demandadas (Asociación Instituto e Aula Cooperativa) a que aboen solidariamente a cantidade de 15.366,74 euros máis os xuros por mora e iso coas consecuencias legais inherentes.

E todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fondo de Garantía Salarial nos termos e dentro dos límites do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar previamente ante este xulgado do social no prazo dos cinco días hábiles seguintes contados desde o día seguinte ao da súa notificación, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, sendo posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Aula Cooperativa de Información y Cultura, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2012.

O secretario xudicial