Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13928

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública relativo a un establecemento de reparación, aluguer e venda de carretillas elevadoras (expediente AM/05/12).

Talleres García Barreiro, S.L. solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a taller mecánico de reparación, aluguer e venda de carretillas elevadoras, que se situará en lugar da Casilla, n.º 48, Atios, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3.º, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante el –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/05/12 na sección de urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se coiden oportunas.

O Porriño, 28 de febreiro de 2012.

José Nelsón Santos Argibay
Alcalde