Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 17 de abril de 2012 Páx. 13913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2012 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación dos servizos de diagnóstico competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico a empresas dentro do Plan Re-acciona, cofinanciado nun 70% Polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 eixe 2 tema prioritario 2.09.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación dos servizos de diagnóstico competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico a empresas dentro do Plan Re-acciona, cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 eixe 2 tema prioritario 2.09.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), complexo administrativo de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 1/12.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizos de diagnóstico competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico a empresas dentro do Plan Re-acciona.

b) División por lotes e número:

Lote

Obxecto

1

Servizos de diagnóstico competitivo a empresas de entre 5 e 20 traballadores

2

Servizos de diagnóstico competitivo a empresas de 21 a 50 traballadores

3

Servizos de diagnóstico competitivo a empresas de 51 ou máis traballadores

4

Servizos de optimización financeira/mellora do circulante

5

Servizos de profesionalización da produción

6

Servizos de asesoramento para o relanzamento comercial

7

Servizos de implementación de control de xestión/xestión por procesos

8

Servizos de mellora da imaxe e comunicación empresarial

9

Servizos de construción dun proxecto de futuro e Plan de Mellora Empresarial

10

Servizos de asesoramento no desenvolvemento de plans de acción

11

Servizos de elaboración de plans e protocolos de empresa familiar

12

Servizos de identificación de redes de cooperación e socios

13

Servizos de asesoramento para a redefinición de negocio

c) Lugar de entrega: a documentación será entregada no Igape en Santiago de Compostela.

d) Prazo de vixencia (meses): a vixencia estenderase ata a completa execución do contrato e espiración do prazo de garantía ofertado.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total 3.049.000 € (tres millóns corenta e nove mil euros) máis imposto sobre o valor engadido (IVE) de 548.820 € (cincocentos corenta e oito mil oitocentos vinte euros), total de 3.597.820 € (tres millóns cincocentos noventa e sete mil oitocentos vinte euros) correspondendo 1.524.500 € (un millón cincocentos vinte e catro mil cincocentos euros) máis 274.410 (douscentos setenta e catro mil catrocentos dez euros) de IVE, total de 1.798.910 € (un millón setecentos noventa e oito mil novecentos dez euros) ao prazo de vixencia inicial (12 meses) e 1.524.500 € (un millón cincocentos vinte e catro mil cincocentos euros) máis 274.410 (douscentos setenta e catro mil catrocentos dez euros) de IVE, total de 1.798.910 € (un millón setecentos noventa e oito mil novecentos dez euros) ao da posible prórroga (12 meses), co seguinte desagregamento por lotes:

Lotes

Importe sen IVE

IVE

Total

Lote 1: servizos de diagnóstico competitivo a empresas de entre 5 e 20 traballadores

72.000 €

12.960 €

84.960 €

Lote 2: servizos de diagnóstico competitivo a empresas de 21 a 50 traballadores

92.000 €

16.560 €

108.560 €

Lote 3: servizos de diagnóstico competitivo a empresas de 51 ou máis traballadores

45.000 €

8.100 €

53.100 €

Lote 4: servizos de optimización financeira/mellora do circulante

158.400 €

28.512 €

186.912 €

Lote 5: servizos de profesionalización da produción

124.200 €

22.356 €

146.556 €

Lote 6: servizos de asesoramento para o relanzamento comercial

158.400 €

28.512 €

186.912 €

Lote 7: servizos de implementación de control de xestión/xestión por procesos

132.000 €

23.760 €

155.760 €

Lote 8: servizos de mellora da imaxe e comunicación empresarial

158.400 €

28.512 €

186.912 €

Lote 9: servizos de construción dun proxecto de futuro e Plan de Mellora Empresarial

148.500 €

26.730 €

175.230 €

Lote 10: servizos de asesoramento no desenvolvemento de plans de acción

119.000 €

21.420 €

140.420 €

Lote 11: servizos de elaboración de plans e protocolos de empresa familiar

184.000 €

33.120 €

217.120 €

Lote 12: servizos de identificación de redes de cooperación e socios

54.600 €

9.828 €

64.428 €

Lote 13: servizos de asesoramento para a redefinición de negocio

78.000 €

14.040 €

92.040 €

5. Garantía provisional: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupos, subgrupos e categoría): non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: suficiente solvencia económica e formación (mínimo diplomatura universitaria) e experiencia mínima de cada un dos membros do equipo técnico destinado á execución do contrato de 2 anos na prestación de servizos de consultoría similares ao obxecto do lote correspondente, o que se acreditará polos medios establecidos no punto C da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 2.5.2012.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo de San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: en audiencia pública.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a apertura da ofertas técnicas (sobres B) será o día 15.5.2012 ás 10.00 horas. A apertura das ofertas económicas (sobre C) será o día 31.5.2012 ás 10.00 horas.

10. Criterios de adxudicación.

Prezo.

51%

Metodoloxía, adecuación aos obxectivos da contratación e grao de especificación do servizo ofertado.

20%

Calidade derivada da experiencia dos compoñentes dos equipos de traballo que sobrepase a exixida para xustificar a solvencia técnica.

10%

Calidade derivada da formación dos compoñentes dos equipos de traballo que sobrepase a exixida para xustificar a solvencia técnica da empresa.

10%

Melloras.

9%

11. Outras informacións.

12. Gastos de anuncios: 3.400 € máximo. Serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial das Comunidades Europeas (se é o caso): 23.3.2012.

14. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.igape.es/contratacion

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2012.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica