Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica L.M.T. peche VLL812-C.R. Pino, no concello de Ourense (expediente IN407A 2012/9-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2. 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T. peche VLL812-C.R. Pino.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas:

L.M.T. subterránea a 20 kV de 1.493 m con condutor R.H.Z.1. e orixe no centro de repartición Urbanización Pino 32CS82 e remate no C.T. Vilanova de Quintela (32C723).

Colocación de cela de liña con telemenado no C.T. existente de Quintela, 400 kVA (32CT24) e no C.T. existente Pino de 1.030 kVA, conxunto de celas compactas SF6 (2l+1p).

Orzamento: 231.953,69 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 19 de marzo de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense