Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14103

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para a harmonización de alturas nas áreas e núcleos industriais deste concello.

Con data do 27 de febreiro de 2012 o Pleno Corporativo do Concello do Porriño, en sesión ordinaria, aprobou inicialmente a modificación puntual do PXOM para a harmonización de alturas nos núcleos industriais, mediante acordo que ten o seguinte contido literal:

«1. Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM para a harmonización de alturas nas áreas e polígonos industriais do Concello do Porriño.

2. Someter o expediente a información pública por un prazo de dous meses, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, dous xornais dos de maior difusión da provincia e no taboleiro de edictos do concello.

3. Dar audiencia aos concellos limítrofes por un prazo de dous meses, para os efectos da presentación das alegacións e reclamacións que coiden convenientes.

4. Suspender o outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e derribo nos ámbitos da modificación puntual que poidan ser incompatibles coa ordenación urbanística obxecto de aprobación.»

Durante o prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da derradeira publicación deste anuncio, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello do Porriño, e formular por escrito as alegacións, reclamacións e suxestións que consideren oportunas.

O Porriño, 14 de marzo de 2012.

José Nelson Santos Argibay
Alcalde