Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 18 de abril de 2012 Páx. 14106

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública relativo aos expedientes 38879/422, 38888/422 e 39046/422.

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: West K Vigo, S.L. Actividade: recepción, desmantelamento e expedición das fraccións dos catalizadores fóra de uso. Localización: camiño Lascas n.º 5, bloque 2, local 4-A, polígono Seixiños, Beade. Expediente: 38879/422.

2. Solicitante: Talleres Rodacarsa, S.L. Actividade: ampliación de actividade para taller de reparación de vidros e parabrisas e mecánica, electricidade e electrónica do automóbil. Localización: camino Carrazóns n.º 21, Matamá. Expedientes: 75560/421 e 38888/422.

3. Solicitante: Frigoríficos Iberport, S.L. Actividade: procesamento, almacenaxe e distribución de produtos conxelados. Localización: praza do Porto Pesqueiro, lonxa, dársena 4. Expedientes: 75936/421 e 39046/422.

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte á publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta 1 do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 21 de marzo de 2012.

M.ª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos