Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 12 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican a proposta de resolución do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal DT-008/11.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a proposta de resolución do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal que se detalla no anexo.

Pontevedra, 12 de marzo de 2012.

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: DT-008/11.

Nome: María Elena Gómez Lorenzo.

Enderezo: rúa Celso Emilio Ferreiro, n.º 11-4.º A, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

Asunto: notificación da proposta de resolución do procedemento de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título legal DT-008/11.

Recursos: notifíqueselles a presente proposta aos interesados e fágaselles saber o seu dereito a formular alegacións así como a presentar os documentos e xustificantes que xulguen convenientes, nun prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte ao da notificación da presente proposta.

Igualmente, ponse no seu coñecemento que a partir deste momento poderán acceder ao contido do expediente nestas dependencias administrativas e que poden obter copias dos documentos que constan nel, ao abeiro do establecido nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993; concederáselles un prazo de quince días para formularen alegacións e presentaren os documentos e información que xulguen pertinentes.