Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o outorgamento do permiso de investigación Fuente Rosas número 7115.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, fai saber que por Resolución do 23 de xaneiro de 2012 da Consellería de Economía e Industria se outorgou o permiso de investigación Fuente Rosas número 7115 de 64 cuadrículas mineiras, para a investigación de cobre e demais recursos da sección C), nos termos municipais do Pino e Touro, provincia da Coruña, por un período de tres anos.

O que se fai público, para o xeral coñecemento e cumprimento do artigo 27 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia.

A Coruña, 7 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG. n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial