Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2012/12-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T. e C.T. Cardeal Quevedo, 28.

Situación: Ourense.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 180 m, con condutor R.H.Z.1, e orixe na L.M.T. e C.T. Modesto Prada (32C776) e remate na L.M.T. ao C.T. Capitán Cortés 1 (32S777), con entrada e saída no C.T. proxectado non prefabricado en Cardeal Quevedo, 28, de 400 kVA e R/T 20.000-230 V. Orzamento: 38.881,69 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 20 de marzo de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense