Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 19 de abril de 2012 Páx. 14379

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boqueixón

ANUNCIO de información pública sobre modificación da licenza ambiental de actividade clasificada para a instalación de coxeración para xeración de vapor e enerxía eléctrica na parroquia de Sergude (expediente 1IA-11/898).

Indusal Rías Altas, S.A. solicitou modificación da licenza ambiental de actividade clasificada para a instalación de coxeración para xeración de vapor e enerxía eléctrica, con base na modificación substancial dunha actividade xa autorizada, no polígono industrial SAUI-1, na parroquia de Sergude (expediente 1IA-11/898).

De conformidade co establecido no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Durante este tempo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poderán examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Boqueixón, 28 de febreiro de 2012.

Adolfo Gacio Vázquez
Alcalde