A inspectora urbanística acordou, o 20 de febreiro de 2012, dar traslado a Francisco Trashorras López do acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/87/2011 e da orde de suspensión de obras ditada no expediente IU3/88/2011, en relación coa actividade realizada en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistente en parcelación urbanística e construción de once edificacións con tipoloxía de vivenda unifamiliar e construcións auxiliares, no lugar de Duancos, na parcela 6 do polígono 227, no termo municipal de Castro de Rei.
Ao non poderse realizar a notificación persoal do traslado de ambos os acordos, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito traslado dos acordos.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do traslado dos acordos que se notifican encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
En relación co acordo de incoación, o interesado dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse.
En relación coa orde de suspensión de obras, infórmase que esta resolución pon fin á vía administrativa e contra esta o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2012.
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

