Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 20 de abril de 2012 Páx. 14675

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación do servizo de salvamento e socorrismo en determinados areais de Vigo nos anos 2012-2013.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Medio Ambiente. N.º de expediente: 8316-306.

2. Obxecto do contrato: descrición: servizo de salvamento e socorrismo nos areais de Vigo, así como a execución das prestacións relativas á bandeira azul que se recollen na cláusula 9 do prego de prescricións técnicas.

Lugar de execución: Concello de Vigo.

Prazo de execución: anos 2012 e 2013. Os servizos prestaranse entre o 15 de xuño e o 15 de setembro de cada ano.

Prórroga: dúas prórrogas para os anos 2014 e 2015, que se aprobarán ano a ano.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 471.637,12 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo, ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións.

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 13 de abril de 2012.

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación