Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores por infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, PES-CO-0046-2011-V e ANI-CO-0035-2011-V.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora, respectivamente.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita na rúa Vicente Ferrer, 2, edificio administrativo Monelos, 8.º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: PES-CO-0046-2011-V.

Denunciado: Jesús Raña Platas.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: ANI-CO-0035-2011-V.

Denunciado: Iván Romero Cabrera.

Acto de notificación: proposta de resolución.