Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 204/2007).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Muíños.

Situación: concello de Ribeira.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión ao C.T. Muíños, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,543 km, coa orixe na L.M.T.A. PMR-814 Corrubedo no apoio n.º 53/43, condutor R.H.Z.1 12/20 kV 3(1×240) Al, e final no C.T. Muíños (proxectado).

Centro de transformación prefabricado cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,800 km, coa orixe no C.T. Muíños (proxectado), condutor tipo X.Z.1. Concello de Ribeira.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 23 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña