No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 766/2011 (procedemento abreviado) promovido por Delia María Corujo González contra a resolución por silencio administrativo do recurso de reposición interposto o 2 de marzo de 2011 contra a Resolución do 25 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral da CRTVG, pola que se convoca un proceso extraordinario de consolidación de emprego para a provisión de vacantes na Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades, solicitando a anulación por ser contraria a dereito ou que sexa anulada en virtude do exposto na demanda.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2012.
Carlos Paz Miño
Director da División de Recursos Humanos da Compañía de Radio-Televisión
de Galicia e as súas sociedades