Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2012 pola que se comunica a desestimación do recurso de reposición interposto por Villajuanita, S.L. contra a resolución de denegación de axuda recaída no expediente IG151.2010.1.38, relativo a unha axuda á internacionalización das empresas galegas liña planificación exterior.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), pola presente resolución ponse en coñecemento de Villajuanita, S.L., titular do expediente IG151.2010.1.38, relativo a unha axuda á internacionalización das empresas galegas: liña planificación exterior (Resolución do 6 de abril de 2010, DOG n.º 67, do 12 de abril), que con data do 1 de decembro de 2011, o director xeral do Igape resolveu desestimar o recurso de reposición interposto contra a resolución de denegación de axuda.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. A resolución de recurso de reposición esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2012.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica