Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 23 de abril de 2012 Páx. 14811

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2012 pola que se convocan para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, conforme ás bases reguladoras publicadas mediante Resolución do 21 de maio de 2010 (DOG núm. 100, do 28 de maio) e modificadas mediante a Resolución do 22 de marzo de 2012 (DOG núm. 64, do 2 de abril).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 20 de abril de 2010, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e na xuntanza do día 13 de outubro de 2011 acordou a súa modificación, facultando o director xeral para a súa convocatoria, aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). As ditas bases publicáronse mediante Resolución do 21 de maio de 2010 no DOG n.º 100, do 28 de maio e corrección de erros publicadas no DOG n.º 108, do 9 de xuño, no DOG n.º 124, do 1 de xullo de 2010 e no DOG n.º 26, do 8 de febreiro de 2011. Posteriormente publicouse unha modificación das devanditas bases reguladoras mediante Resolución do 22 de marzo de 2012 no DOG n.º 64, do 2 de abril.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.

Convocar para 2012, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), para os proxectos previstos nos seguintes apartados do artigo 1 das bases reguladoras destas axudas aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 20 de abril de 2010 e publicadas mediante Resolución do 21 de maio de 2010 no Diario Oficial de Galicia n.º 100, do 28 de maio, e a súa modificación, acordada polo dito Consello de Dirección o 13 de outubro de 2011 e publicada mediante Resolución do 22 de marzo de 2012 no DOG n.º 64, do 2 de abril:

1.1.1.1. Proxectos que impliquen a adopción de novos modelos empresariais innovadores mediante a implantación de ferramentas de xestión avanzada. (Procedemento IG127).

1.1.1.3. Proxectos de deseño de novo produto que poden incluír elementos de identidade gráfica, envase, embalaxe e comunicación sempre que estean asociados ao novo produto no mesmo proxecto. (Procedemento IG129).

1.1.2.2. Realización de proxectos de desenvolvemento tecnolóxico aplicado. (Procedemento IG131).

1.1.2.3. Proxectos de implantación e certificación de acordo coas normas UNE 166.001 (proxectos de I+D+i), UNE 166.002 (sistemas de xestión da I+D+i). (Procedemento IG132).

1.1.3.1. Proxectos de innovación en colaboración na cadea de valor. (Procedemento IG134).

1.1.3.2. Proxectos de identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes. (Procedemento IG135).

Este programa está cofinanciado nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no tramo da Administración xeral do Estado do Programa operativo Galicia 2007/2013, que corresponde ao eixe E2, tema prioritario 2.09, actuación Programa Innoempresa, ou ben, dependendo do orzamento dispoñible para a súa ejecución, polo tramo da Administración Autonómica do Programa operativo Galicia 2007/2013, que corresponde ao eixe E2, tema prioritario 2.09, actuación 5.

Para os efectos da nova convocatoria, substitúese o anexo II, formulario de presentación da solicitude, segundo o modelo anexo.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día inicial ou final do prazo coincidise en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte.

Terceiro. Créditos.

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e polos seguintes importes:

Partida orzamentaria

2012

2013

08.A1.741A.7702

291.274,92 €

1.628.725,08 €

08.A1.741A.7812

436.912,38 €

2.443.087,62 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, previa declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto.

O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de setembro do exercicio correspondente á anualidade establecida na resolución de concesión. Os beneficiarios deberán presentar a solicitude de cobramento antes do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade establecida na resolución de concesión (no caso de que coincida en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte).

Quinto.

Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases reguladoras destas axudas aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 20 de abril de 2010 e publicadas mediante Resolución do 21 de maio de 2010 no Diario Oficial de Galicia n.º 100, do 28 de maio, e a súa modificación, acordada polo dito Consello de Dirección o 13 de outubro de 2011 e publicada mediante Resolución do 22 de marzo de 2012 no DOG n.º 64, do 2 de abril.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2012.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

missing image file