En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo dos Autónomos e Inserción Laboral da Dirección Xeral de Promoción do Emprego están depositados os estatutos da Federación de Autónomos de Galicia-Feaga, da cal se fan as seguintes indicacións:
Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Especialidade subxectiva e de obxectivos: a defensa dos intereses profesionais dos seus asociados e funcións complementarias.
Ámbito funcional: poderán ser membros da federación as asociacións de comerciantes, industriais, empresarios e profesionais autónomos domiciliadas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Titulares dos órganos de goberno e representación: Francisco Javier Pérez Bello, José Miguel Agromayor Vázquez, Eliseo Calviño Lema, José Manuel Martínez Rodríguez, Rosa M.ª Triay López e M.ª Paloma Sobrino Butragueño.
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2012.
M.ª Amparo González Méndez
Directora xeral de Promoción do Emprego

