Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15167

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 9 de abril de 2012 pola que se resolve parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos centrais desta consellería.

Convocado, pola Orde do 16 de xaneiro de 2012 (DOG núm. 28, do 9 de febreiro), a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos centrais da Consellería de Sanidade, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 da mesma lei, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

DISPÓN:

Primeiro. Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nos servizos centrais da Consellería de Sanidade, anunciada pola Orde do 16 de xaneiro de 2012 (DOG núm. 28, do 9 de febreiro).

Segundo. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, aos funcionarios que se relacionan no anexo a esta orde.

Terceiro. O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Guillán de Dios, Manuela.

NRP: 3543781135A2060.

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Posto de traballo: Xefatura do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa.

Dependencia: Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: López García, M.ª Luisa.

DNI: 32754101-P.

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Posto de traballo: Xefatura do Servizo da Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias.

Dependencia: Subdirección Xeral de Xestión.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Varela Roman, M.ª Luz.

NRP: 3323961757 A205W.

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Posto de traballo: Xefatura do Servizo de Aseguramento e Centros Sanitarios.

Dependencia: Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento.

Localidade: Santiago de Compostela.