Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de seguridade e saúde laboral.
Faise saber que a dita resolución remata a vía administrativa e o interesado pode formular contra ela recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, ante o órgano xudicial que resulta competente por aplicación e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Advírteselle que terá que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na correspondente xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que noutro caso incoarase o procedemento pola vía de constrinximento.
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2012.
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais
ANEXO
Empresa: Ebisu Business, S.L.
Enderezo: CC Doce Vita, s/n. R/ Newton, parc. 17. 15008 A Coruña.
N.º de expte.: 2010/0508-1.
Acta de infracción: 154401/2010/1/H.
Data da resolución da dirección xeral: 7 de decembro de 2011.
Preceptos infrinxidos: artigo 30 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 10 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención de riscos laborais.
Preceptos sancionadores: artigo 12.15.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Sanción imposta: 3.500 €.

