Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15176

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 3 de abril de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe do Servizo de Atención Primaria Valle Inclán (mañá) que deberá ser cuberto por persoal licenciado sanitario.

A citada resolución estará exposta, desde a mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro oficial de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.Sergas.es).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao desta publicación.

Ourense, 3 de abril de 2012.

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras