Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 28 de marzo de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación do monte O Barro, Costa dos Muíños, Casa Social e Campo da Ponte, a favor dos veciños de Trellerma, no concello de Toén (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 14 de marzo de 2012, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Barro, Costa dos Muíños, Casa Social e Campo da Ponte, solicitada polos veciños de Trellerma, no concello de Toén (Ourense) resultan os seguintes

Feitos.

Primeiro. O 19 de maio de 2009 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños de Trellerma, no concello de Toén (Ourense), en que solicitan ao seu favor a clasificación como veciñal en man común do devandito monte.

Segundo. Con data do 11 de maio de 2010, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido, o Concello de Toén presentou alegacións relativas ao local social e o terreo en que se atopa. Estas foron resoltas convencionalmente entre o Concello e a comunidade veciñal solicitante mediante acordo que consta no expediente.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Concello: Toén.

Denominación do monte: O Barro, Costa dos Muíños, Casa Social e Campo da Ponte.

Comunidade veciñal solicitante: veciños de Trellerma.

Superficie total: 19 ha aproximadamente.

O Barro: superficie 31.589 m2.

Lindes:

Norte: Santiago Cruz e Amancio Iglesias Vidal.

Sur: José Vázquez e Antonio Novoa.

Leste: estrada.

Oeste: comunal de Toén.

Costa dos Muíños: superficie 9.535 m2.

Lindes:

Norte: Alfonso Armada Abad e Aurea Rodríguez Vega.

Sur: Alfonso Armada Abad, Aurea Rodríguez Vega e Rosa Fernández.

Leste: Alejandro Selas, Antonio Álvarez Seijo e Rosa Fernández.

Oeste: camiño e Rosa Fernández.

Casa social: superficie 1.962 m2.

Segundo o convenio acordado, o edificio en que se sitúa o local social é propiedade do Concello e de uso compartido entre este e os veciños de Trellerma.

Lindes:

Norte: Manuel Cruz Álvarez.

Sur: Rosa Blanco Pérez.

Leste: estrada.

Oeste: Juan Domínguez Cadavid.

Campo da Ponte: superficie 143.943 m2.

Lindes:

Norte: José Manuel Carballo Gil, Emilia Prieto Alonso, Serafina González Blanco, Manuel González Fernández, Arturo Iglesias Vidal, Benito Prado Abad, Rafael González Pérez e María Ángeles Pérez Prado.

Sur: María García Seoane, Celsa Domínguez Gómez, José Manuel Carballo Gil e María Teresa García López.

Leste: Etelvino Fernández López, Odilo Vidal Sabucedo, Modesta Muro González, Rogelio Sabucedo Vidal, Paulino Sabucedo Pérez, Juan Cruz González, Concepción Sabucedo Iglesias, María Ana González Sabucedo e María Luisa Cruz Álvarez.

Oeste: Julia Calviño Abad, Clotilde Igleias Soto, Francisco Abad González, Gonzalo Abad Seijo, José Vicente Calviño Abad e río de Puga.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei son montes veciñais en man común ... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña desfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común acreditouse mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común a favor dos veciños de Trellerma, no concello de Toén (Ourense), o monte denominado O Barro, Costa dos Muíños, Casa Social e Campo da Ponte, coa descrición reflectida no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da Lei 13/1989 (citada), nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 28 de marzo de 2012.

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense