Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15201

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1100/2008).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1100/2008, por instancia de José Luis Vidal Míguez contra Mapfre, empresa Polysius AG e a empresa Eurometal Galicia, S.L. sobre outros extremos, en que recaeu sentenza con data 9 de decembro de 2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por José Luis Vidal Míguez contra Mapfre empresas, Cía. de Seguros e Reaseguros, S.A. e Polysius, AG.

Que, estimando a demanda interposta por José Luis Vidal Míguez contra a Eurometal Galicia, S.L., debo condenar a esta a que lle aboe ao demandante a cantidade de 51.501,36 euros, menos as cantidades indicadas en sentenza –prestacións de IT e quitanza de Zurich–.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150,25 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534 0000 64110008.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Eurometal Galicia, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado