Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 25 de abril de 2012 Páx. 15198

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1071/2009).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1071/2009, por instancia de Suleika Couce Casas, María Isabel Porca López e Noelia Cristina de Abreu Vieira contra o Fondo de Garantía Salarial e a empresa Argos Direct, S.L. sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data 14 de decembro de 2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta polas demandantes Suleika Couce Casas, María Isabel Porca López e Noelia Cristina de Abreu Vieira, debo condenar e condeno a empresa Argos Direct, S.L. a que aboe a cantidade de 4.241,97 euros a Suleika Couce Casas, 2.492,35 euros a María Isabel Porca López e 532,42 euros a Noelia Cristina de Abreu Vieira, polos conceptos reclamados na demanda, sen que proceda declaración do Fogasa nesta instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer, na conta 1534 0000 64107109.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Argos Direct, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de abril de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado