En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 6, do 10 de xaneiro de 2012.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: organización dos actos que desenvolverá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nas feiras do libro internacionais do ano 2012 (3 lotes).
Lote 1: Bolonia.
Lote 2: Buenos Aires.
Lote 3: Guadalajara (México).
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 131.355,93 euros, IVE excluído.
Lote 1: 42.372,88 euros, IVE excluído.
Lote 2: 50.847,46 euros, IVE excluído.
Lote 3: 38.135,59 euros, IVE excluído.
5. Formalización do contrato:
Lote 1: Bolonia.
a) Data de adxudicación: 14 de marzo de 2012.
b) Data de formalización do contrato: 15 de marzo de 2012.
c) Contratista: Escenoset, S.L.
d) Importe de adxudicación: 34.750,00 euros, IVE excluído.
Lote 2: Buenos Aires.
a) Data de adxudicación: 15 de marzo de 2012.
b) Data de formalización do contrato: 22 de marzo de 2012.
c) Contratista: Viajes Halcón, S.A.U.
d) Importe de adxudicación: 43.200,00 euros, exento de IVE.
Lote 3: Guadalajara (México).
a) Data de adxudicación: 15 de marzo de 2012.
b) Data de formalización do contrato: 2 de abril de 2012.
c) Contratista: Viajes Halcón, S.A.U.
d) Importe de adxudicación: 36.290,00 euros, exento de IVE.
Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexen o procedemento.
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2012.
P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

