Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15726

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 23 de decembro de 2011 pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2012.

Advertidos erros na Orde do 23 de decembro de 2011, publicada no DOG n.º 1, do 2 de xaneiro de 2012, pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2012, fanse as oportunas correccións:

Artigo 10. Polbo (Octopus vulgaris).

Na páxina 103: na letra f) Horario de traballo das embarcacións con nasa para polbo, deberá engadírselle o seguinte punto:

«– Desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro: desde as 7.00 horas ata as 17.00 horas, de luns a venres. O descanso semanal desenvolverase desde as 17.00 horas do venres ata as 7.00 horas do luns».

Cadro I: plans de explotación de algas.

Na páxina 125: provincia de Pontevedra, 2.ª fila, C.P. A Guarda.

Onde di: «Modalidade: mergullo en apnea», debe dicir: «Modalidade: mergullo con subministración de aire desde superficie».