Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2012, da Xerencia de Atención Primaria de Vigo, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de transporte e distribución de paquetaría.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Atención Primaria de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Departamento de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: rúa Rosalía de Castro n.º 21-23.

3) Localidade e código postal: Vigo 36201.

4) Teléfono: 986 81 64 66.

5) Fax: 986 81 64 90.

6) Correo electrónico: xapvigo.contratacion.administrativa@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite da obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-XPV1-12-009.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: distribución a todos os centros dependentes desta xerencia de paquetaría (material sanitario, non sanitario, lenzaría) así como pequeno aparataxe e mobiliario.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: ver o prego.

e) Prazo de execución: doce meses, desde a data de firma do contrato.

f) Admisión de prórroga: si, ver o prego.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 64121200-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver o punto 6.5. do prego que rexe a contratación.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 60.000,00 €. IVE (18%): 10.800,00 €. Importe total: 70.800,00 €.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe a súa constitución.

Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo R, subgrupo 9, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día contado desde o día seguinte a data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Atención Primaria de Vigo.

2) Enderezo: rúa Rosalía de Castro n.º 21-23.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obligado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Dirección: rúa Rosalía de Castro, n.º 21-23, 8.º andar.

b) Localidade e código postal: Vigo 36201.

c) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Importe estimado máximo: 700,00 €.

10. Outras informacións: véxase o prego de prescricións técnicas.

Vigo, 27 de marzo de 2012.

Francisco Javier Caramés Casal
Director xerente de Atención Primaria de Vigo