Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 2 de abril de 2012 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión das bateas Juliana I e Melayro II.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión das bateas Juliana I e Melayro II e da concesión administrativa que as ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 22 de setembro de 2011, Carmen García Rodríguez solicitou autorización para transmisión da concesión das bateas anteriormente citadas.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG n.º 243, do 16 de decembro), e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Orde do 20 de xaneiro de 2012 (DOG n.º 16, do 24 de xaneiro), de delegación de competencias nos xefes territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros (DOG n.º 97, do 22 de maio), e na Orde do 8 de maio de 2000, que modifica a do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos a favor das concesións administrativas das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Juliana I.

Localización:

Cuadrícula n.º: 18.

Polígono: B.

Distrito: Muros.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 17 de xaneiro de 1961.

Remate da vixencia: 15 de decembro de 2019.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Melayro II.

Localización:

Cuadrícula n.º: 42.

Polígono: B.

Distrito: Muros.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 27 de maio de 1974.

Remate da vixencia: 15 de decembro de 2019.

Actual titular: M.ª del Carmen Rodríguez García (33290063-R).

Novo titular: Jaime Rodríguez García (33290064-W).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sin ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 2 de abril de 2012.

P.A. (Resolución do 25.1.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar