Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15747

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (200/2010).

Eu, Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Juan García Camba contra Construcciones Pedrouces, S.L., en reclamación por ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña, oito de marzo de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes: dunha, e como demandante, Juan García Camba, que comparece asistido do letrado Antonio Pousa Merens, e doutra, como demandado, Construcciones Pedrouces, S.L., que non comparece.

Que, estimando a demanda formulada por Juan García Camba contra a empresa Construcciones Pedrouces, S.L., condeno esta a lle abonar a cantidade de 2.744,32 euros que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos, cos xuros conforme o artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes e advírtaselles que contra esta sentenza non cabe interpor recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, que estaba realizando audiencia pública no día da data. Do que dou fe.

E para que sirva de notificación a Construcciones Pedrouces, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de marzo de 2012.

O secretario xudicial