Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15750

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1189/2011).

N.º de autos: despedimento/cesamentos en xeral 1189/2011.

Demandante: José Luis Calvo Gil.

Avogada: Cristina Gómez Lozano.

Demandado: Piedras Rústicas Gallegas, S.L.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1189/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Calvo Gil contra a empresa Piedras Rústicas Gallegas, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Luis Calvo Gil contra a entidade Piedras Rústicas Gallegas, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto en data 3 de setembro de 2011, con efectos do 3 de outubro de 2011, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Piedras Rústicas Gallegas, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 19.915,84 €, máis ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e a presente resolución, cuantificados a razón de 47,42 € diarios, e polo tanto 8.393,10 €. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueseles esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número n.º 47570000, código 36 e n.º de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade ob-xecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Piedras Rústicas Gallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de abril de 2012.

A secretaria xudicial