Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15753

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1281/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento n.º 1281/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mohamed Bousnia, contra a empresa Ángel Manuel Villaverde Iglesias, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza, con data do 27 de marzo de 2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Estimo integramente a demanda interposta por Mohamed Bousnia contra Ángel Manuel Villaverde Iglesias e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno a Ángel Manuel Villaverde Iglesias a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.193,15 euros, máis o 10% desa cantidade por demora no seu pagamento.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ángel Manuel Villaverde Iglesias, en paradoiro descoñecido, remito este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2012.

A secretaria xudicial