Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 30 de abril de 2012 Páx. 15836

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de funcionario de carreira e persoal laboral fixo.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, núm. 55, do 20 de marzo de 2012, publícanse integramente as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria do proceso selectivo para a cobertura das prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2009. Posteriormente, no boletín núm. 65, do 3 de abril, publicouse un anuncio de corrección de erros das ditas bases, que se relacionan a continuación:

Persoal funcionario:

– Unha praza de oficial de policía local, grupo C1, escala da Administración xeral, subescala servizos especiais, mediante o sistema de concurso-oposición por promoción interna.

Persoal laboral fixo:

– Dúas prazas de peón de vías e obras, mediante o sistema de concurso-oposición por quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases reguladoras, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, e/ou no taboleiro de anuncios deste concello.

Bergondo, 3 de abril de 2012.

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa