Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o Proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración para as concesións de explotación Emilita n.º 1221, Ciudad de Landró n.º 1454 e Ciudad del Masma n.º 1455, que forman o coñecido como Grupo Mineiro Corcoesto, situado nos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Coristanco, da provincia da Coruña e promovido por Río Narcea Gold Mines, S.A. como proxecto industrial estratéxico segundo a Lei 13/2011, do 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia.

Con data do 15 de marzo de 2012, por acordo do conselleiro de Economía e Industria, foi admitida a trámite a solicitude de declaración como proxecto industrial estratéxico do proxecto de explotación de ouro na Mina de Corcoesto, segundo o previsto no artigo 41 da Lei 13/2011, do 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia (BOE n.º 23, do 27 de xaneiro de 2012). Nesta mesma lei disponse que os proxectos a que se refire serán sometidos a un trámite de información pública mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, e seralles de aplicación a normativa en materia de avaliación ambiental.

O artigo 9.1 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (BOE n.º 23, do 26 de xaneiro de 2008), dispón que o órgano substantivo someterá o estudo de impacto ambiental, dentro do procedemento aplicable para a autorización ou realización do proxecto a que corresponda, e conxuntamente con este, ao trámite de información pública, que terá unha duración non inferior a trinta días.

Do mesmo xeito, o artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia (DOG n.º 109, do 6 de xuño), establece que, unha vez completada a documentación, se abrirá un período de información pública que non será inferior a 30 días.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de 30 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución, o «Proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración para as concesións de explotación Emilita n.º 1221, Ciudad de Landró n.º 1454 e Ciudad del Masma n.º 1455, que forman o coñecido como Grupo Mineiro Corcoesto», situado nos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Coristanco, da provincia da Coruña e promovido por Río Narcea Gold Mines, S.A. como proxecto industrial estratéxico, segundo a Lei 13/2011, do 16 de decembro, reguladora da política industrial de Galicia.

Para os efectos informativos porase, á disposición dos administrados que a soliciten, a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, así como nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña, e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Industria, Enerxía e Minas, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2012.

Ángel Bernado Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas