Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 2 de maio de 2012 Páx. 16031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 3 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, para a publicación dunha notificación devolta polo servizo de Correos.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requírese o interesado que se cita no anexo para que no prazo dos dez (10) días seguintes ao da data da publicación deste edicto compareza en persoa, ou debidamente representado, na Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo (rúa Concepción Arenal, n.º 8-1.º andar), para ter coñecemento da notificación do procedemento instado polo interesado, advertíndolle que, de non facelo, se terá por notificado cos efectos que se indican.

Vigo, 3 de abril de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: Joaquín Arosa Balea.

DNI: 35930726-B.

Número de expediente: 36/0000729-J/11.

Notificación: petición de datos complementarios necesarios para o trámite inicial da prestación social.

Efectos: paralización do expediente. Transcorridos tres meses producirase a súa caducidade, con arquivo das actuacións practicadas (de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).