Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 30 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á interesada que se indica no anexo requirimento de información para os efectos de proceder á devolución ou execución de avais de cantidades recibidas á conta no expediente 36-J-0031/02.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a información que se detalla no anexo. Así mesmo, infórmase a interesada de que, de non responder a este requirimento, se procederá en consecuencia, de acordo co establecido na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 30 de marzo de 2012.

P.D. (Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: 36-J-0031/02.

Nome: Belino, S.L.

Enderezo: avda. de Vigo, 18, 4.º A, 36003 Pontevedra.

Asunto: requirimento para que no prazo de 15 días improrrogables, contados desde esta notificación, informe del expediente 36-J-0031/02.

Avais:

Entidade

N.º aval

Importe

Banco de Galicia, S.A.

8907/2472

15.728,12 euros

Banco de Galicia, S.A.

8907/2471

3.760 euros

Banco de Galicia, S.A.

8907/2470

2.901,87 euros