Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e necesidade de urxente ocupación que iso implica, aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica, proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e estudo ambiental das instalacións referidas ao Parque Eólico As Penizas (concellos da Estrada, Cerdedo e Forcarei, provincia de Pontevedra. Expediente IN661A 2011/4-4).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia; sobre autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública, por solicitude da empresa Estela Eólica, S.L., as instalacións que a continuación se describen:

Título: Parque Eólico As Penizas.

Solicitante: Estela Eólica, S.L.

Domicilio social: avenida Montserrat, 25, portal 2.º-4.º B, 15009 A Coruña.

Concellos afectados: A Estrada, Cerdedo e Forcarei.

Superficie afectada: 16 km2.

Localización: (coordenadas UTM).

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértice

UTM-X

UTM-Y

1

548.500

4.715.814

2

552.000

4.715.814

3

552.000

4.712.000

4

548.500

4.712.000

As coordenadas dos aeroxeradores son:

Aeroxerador

UTM-X

UTM-Y

Concello

1

550.220

4.715.261

Cerdedo

2

550.494

4.715.068

Cerdedo

3

550.381

4.714.678

Cerdedo

4

550.622

4.714.487

Forcarei

5

550.643

4.714.146

Forcarei

6

550.747

4.713.950

Forcarei

7

550.917

4.713.725

Forcarei

8

551.118

4.713.558

Forcarei

9

550.891

4.713.128

Forcarei

10

551.082

4.712.934

Forcarei

11

551.108

4.712.605

Cerdedo

Características técnicas do parque eólico:

– 11 aeroxeradores cunha potencia nominal unitaria de 3.000 kW.

– Potencia total instalada: 33 MW.

– Produción neta anual estimada: 118.601 MWh/ano.

– Orzamento total: 44.203.325 euros.

Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

– 11 transformadores de 3.800 kVA instalados no interior do aeroxerador cunha relación de transformación 0,4/33 kV.

– Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 33 kV.

– Subestación transformadora equipada con transformador de 50 MVA, relación de transformación 66/33 kV, aparamenta de medida, protección, telemando, grupo electróxeno e demais equipamento auxiliar.

Obxecto da información pública:

– Estudo ambiental.

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

– Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figura no anexo que se insire con esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación do anexo que se insire con esta resolución, así como ás persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar o proxecto e presentar as alegacións que consideren oportunas, nesta xefatura territorial, sita na avda. Fernández Ladreda n.° 43 de Pontevedra (36003), no prazo de trinta días contados a partir da última publicación desta resolución ou notificación individual.

Así mesmo, o estudo ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico poderase examinar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, concellos da Estrada, Cerdedo e Forcarei, e nesta Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, e poderanse presentar cantas alegacións se consideren dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.

Rematado este prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Esta publicación faise igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Pontevedra, 14 de marzo de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación bens e dereitos afectados: Parque Eólico As Penizas

N

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Apelidos e nome

Enderezo

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Part.

Pleno dominio

Servidumes de paso

Servidume de paso

Outras afeccións

Vía

Parroquia

Concello

C.P.

Concello

Pol.

Parcela

Plat.

Sub.

Vía

Gabia

Protección eólica

Oc. temp.

1

Descoñecido

A Estrada

192

605

Fozados. A Estrada

Agrario matogueira

1

65,64

2

Descoñecido

A Estrada

192

604

Fozados. A Estrada

Agrario matogueira

1

44,71

3

Descoñecido

A Estrada

192

603

Fozados. A Estrada

Agrario matogueira

1

1,24

4

Descoñecido

A Estrada

192

608

Fozados. A Estrada

Agrario matogueira

1

148,51

5

Descoñecido

A Estrada

192

609

Fozados. A Estrada

Agrario matogueira

1

16,56

6

Concello da Estrada

Pza. Constitución n.º 1

A Estrada

36680

A Estrada

192

9006

Camiño rural á Estrada

Agrario vía de comunicación

1

3,82

7

C.M.V.M.C. Tomonde (Aníbal Regueiro Míguez)

Tomonde, 92

Cerdedo

36139

Cerdedo

30

867

Monte Barcia, Batán e Baiuca. Cerdedo

Agrario matogueira

1

2.711,95

2.362,36

2.572,3

5.366,11

8

Concello de Cerdedo

Praza do Concello, 1

Cerdedo

36139

Cerdedo

30

9001

Estrada Tomonde A Mámoa. Cerdedo

Agrario vía de comunicación

1

239,99

9

Concello de Cerdedo

Praza do Concello, 1

Cerdedo

36139

Cerdedo

30

9004

Camiño rural Cerdedo

Agrario vía de comunicación

1

467,68

10

C.M.V.M.C. Tomonde (Aníbal Regueiro Míguez)

Tomonde, 92

Cerdedo

36139

Cerdedo

30

868

Monte Barcia, Batán e Baiuca. Cerdedo

Agrario matogueira

1

2.186,62

476,28

2.406,72

11

Concello de Forcarei

Praza da Igrexa, 1

Forcarei

36550

Forcarei

68

9006

Camiño Forcarei

Agrario vía de comunicación

1

5.963,74

12

C.M.V.M.C. Tomonde (Aníbal Regueiro Míguez)

Tomonde, 92

Cerdedo

36139

Cerdedo

30

866

Monte Barcia, Batán e Baiuca. Cerdedo

Agrario matogueira

1

2.305,23

8.746,39

5.296,82

13

C.M.V.M.C. Liñares e Mámoa (Concha Iglesias)

Liñares, 9. Parroquia de Castrelo

Forcarei

36558

Forcarei

63

324

Montes Mámoa Liñares. Forcarei

Agrario matogueira

1

738,05

14

Concello de Forcarei

Praza da Igrexa, 1

Forcarei

36550

Forcarei

63

9009

Camiño. Forcarei

Agrario vía de comunicación

1

1,87

409,14

156,67

15

C.M.V.M.C. Liñares e Mámoa (Concha Iglesias)

Liñares, 9. Parroquia de Castrelo

Forcarei

36558

Forcarei

68

505

Montes Mámoa Liñares. Forcarei

Agrario matogueira

1

6.631,33

16.151,12

14.010,54

16

C.M.V.M.C. Liñares e Mámoa (Concha Iglesias)

Liñares, 9. Parroquia de Castrelo

Forcarei

36558

Forcarei

68

63

Campo dos Santos. Forcarei

Agrario labor ou labradío secaño

1

153,19

17

C.M.V.M.C. Liñares e Mámoa (Concha Iglesias)

Liñares, 9. Parroquia de Castrelo

Forcarei

36558

Forcarei

68

490

Montes Mámoa Liñares. Forcarei

Agrario matogueira

1

70,94

18

C.M.V.M.C. Liñares e Mámoa (Concha Iglesias)

Liñares, 9. Parroquia de Castrelo

Forcarei

36558

Forcarei

63

313

Montes Mámoa Liñares. Forcarei

Agrario matogueira

1

105,80

19

C.M.V.M.C. Murada (Luis Míguez Rodríguez)

Murada. Parroquia de Castrelo

Forcarei

36558

Forcarei

68

509

Lugar de Murada-Castrelo

Agrario

1

331,68

2.382,45

1.343,03

20

Concello de Cerdedo

Praza do Concello, 1

Cerdedo

36139

Cerdedo

31

9003

Camiño rural Cerdedo

Agrario vía de comunicación

1

183,16

21

C.M.V.M.C. Loureiro (José M. Vilas Bugallo)

Loureiro

Cerdedo

36139

Cerdedo

32

3192

Monte de Loureiro Cerdedo

Agrario matogueira

1

340,20

22

C.M.V.M.C. Loureiro (José M. Vilas Bugallo)

Loureiro

Cerdedo

36139

Cerdedo

32

3163

Monte de Loureiro Cerdedo

Agrario matogueira

1

544,10

23

C.M.V.M.C. Loureiro (José M. Vilas Bugallo)

Loureiro

Cerdedo

36139

Cerdedo

32

3193

Monte de Loureiro Cerdedo

Agrario piñeiral madeireiro

1

98,05

24

C.M.V.M.C. Loureiro (José M. Vilas Bugallo)

Loureiro

Cerdedo

36139

Cerdedo

32

3194

Monte de Loureiro Cerdedo

Agrario piñeiral madeireiro

1

608,87

25

C.M.V.M.C. Loureiro (José M. Vilas Bugallo)

Loureiro

Cerdedo

36139

Cerdedo

32

3197

Monte de Loureiro Cerdedo

Agrario matogueira

1

912,42

26

C.M.V.M.C. A Barciela (Emilio López Barros)

A Barciela. Parroquia de Castrelo

Forcarei

36558

Forcarei

72

19

Montes da Barciela (Forcarei)

Agrario matogueira

1

1.853,75

767,20

4.888,93

5.249,38

27

C.M.V.M.C. A Barciela (Emilio López Barros)

A Barciela. Parroquia de Castrelo

Forcarei

36558

Forcarei

72

20

Montes da Barciela (Forcarei)

Agrario matogueira

1

2.143,41

2.223,49

5.482,86

28

C.M.V.M.C. Loureiro (José M. Vilas Bugallo)

Loureiro

Cerdedo

36139

Cerdedo

32

3198

Monte de Loureiro Cerdedo

Agrario piñeiral madeireiro

1

651,24

29

Concello de Forcarei

Praza da Igrexa, 1

Forcarei

36550

Forcarei

68

9005

Camiño Forcarei

Agrario vía de comunicación

1

80,75

30

C.M.V.M.C. Liñares e Mámoa (Concha Iglesias)

Liñares, 9. Parroquia de Castrelo

Forcarei

36558

Forcarei

68

501

Montes Mámoa Liñares Forcarei

Agrario carballeira

1

1.889,1

7.116,83

2.732,79

31

Concello de Cerdedo

Praza do Concello, 1

Cerdedo

36139

Cerdedo

32

9012

Camiño rural Cerdedo

Agrario vía de comunicación

1

1256.04

32

C.M.V.M.C. Loureiro (José M. Vilas Bugallo)

Loureiro

Cerdedo

36139

Cerdedo

32

3166

Monte de Loureiro Cerdedo

Matogueira

1

687,72

268,47

1.838,71

33

C.M.V.M.C. Loureiro (José M. Vilas Bugallo)

Loureiro

Cerdedo

36139

Cerdedo

32

3166

Monte de Loureiro Cerdedo

Agrario piñeiral madeireiro

1

3.053,69

2.576,94

2.151,66

34

Concello de Forcarei

Praza da Igrexa, 1

Forcarei

36550

Forcarei

72

9001

Camiño Forcarei

Agrario vía de comunicación

1

32,88

35

Concello de Forcarei

Praza da Igrexa, 1

Forcarei

36550

Forcarei

72

9002

Camiño Forcarei

Agrario vía de comunicación

1

186,08

6.698,02

36

C.M.V.M.C. Liñares e Mámoa (Concha Iglesias)

Liñares, 9. Parroquia de Castrelo

Forcarei

36558

Forcarei

63

287

Montes Mámoa Liñares Forcarei

Agrario matogueira

1

509,08

8.418,55

1.622,20

37

C.M.V.M.C. Liñares e Mámoa (Concha Iglesias)

Liñares, 9. Parroquia de Castrelo

Forcarei

36558

Forcarei

68

493

Montes Mámoa Liñares. Forcarei

Agrario matogueira

1

2.262,05

2.619,68

4.453,92

6.475,95

5.000

38

C.M.V.M.C. Tomonde (Aníbal Regueiro Míguez)

Tomonde, 92

Cerdedo

36139

Cerdedo

31

237

Monte Barcia, Batán e Baiuca. Cerdedo

Agrario

1

865,93

39

Concello de Cerdedo

Praza do Concello, 1

Cerdedo

36139

Cerdedo

30

9006

Camiño rural Cerdedo

Agrario vía de comunicación

1

58,79

40

C.M.V.M.C. Tomonde (Aníbal Regueiro Míguez)

Tomonde, 92

Cerdedo

36139

Cerdedo

31

216

Monte Barcia, Batán e Baiuca. Cerdedo

Agrario matogueira

1

5.379,83

41

Concello de Forcarei

Praza da Igrexa, 1

Forcarei

36550

Forcarei

68

9003

Camiño. Forcarei

Agrario vía de comunicación

1

728,97

12.422,77

451,74

Afeccións:

S.E.: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

S.P.: servidume de paso que implica a construción de camiños e canalizacións.

– Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipamentos para a construción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

– Servidume de paso subterráneo, que comprende a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

– Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudicar os camiños e instalacións.

S.V.: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

P.E.: superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

– Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construcións, árbores, postes e outros).

O.T.: ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.