Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de atención e soporte en centros aos usuarios de sistemas e servizos baseados en tecnoloxías da información dos centros educativos de ensinanzas non universitarias da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de la Xunta de Galicia. Expediente SXSI 09/12.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos.

c) Número de expediente: SXSI 09/12.

d) Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 23 de abril do 2012.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto. Contratación do servizo de atención e soporte en centros aos usuarios de sistemas e servizos baseados en tecnoloxías da información dos centros educativos de ensinanzas non universitarias da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. CPA-2008: 62.02.30. CPV: 72611000-6.

b) Lugar de realización do servizo: Nos centros educativos de ensinanzas non universitarias e nas dependencias administrativas que decida a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) Prazo de execución: 1 ano.

d) Admisión de prórroga: si, 1 ano.

e) Establecemento dun acordo marco: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72611000-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 381.355,00 €; IVE (18%): 68.643,90 €. Importe total: 449.998,90 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.

6. Clasificación.

a) Clasificación da empresa: grupo V, subgrupo 5, categoría C.

7. Obtención de documentación e información.

7.1. Información:

a) Entidade: oficina de información da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

7.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 95 75 22 ou 981 54 44 47.

b) Domicilio: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Edificio administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17427

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 21 de maio de 2012, ás 15.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

2) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o 30 de maio de 2012, ás 12.00 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2012.

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria