Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16210

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5810/2008 GA).

Secretaría: M. Socorro Bazarra Varela

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5810/2008 GA a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 719/2007 do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra promovidos por Jorge Lorenzo Tato contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Pavimentos Suárez Vibel, S.L., Obras y Vías de Galicia, S.A., sobre recarga de accidente, con data dez de abril de dous mil doce ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante contra a sentenza de data 30.9.2008, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, en autos 719/2007, confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Obras y Vías de Galicia, S.A., con último domicilio descoñecido, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de abril de 2012.

A secretaria xudicial