Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16275

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO de información pública sobre licenza de obras e apertura dun serradoiro.

Visecorsa, S.L.U. solicita licenza de obras e apertura para un serradoiro de madeira e produción de labra para cama de animais, na avda. de Castilla, s/n (parcela 524 do polígono 8), segundo o proxecto adxunto (exptes. obras n.º 42/2012 e apertura 4/2012), e en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, exponse o citado expediente á información pública por un período de vinte días contados a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, co fin de que durante este, quen se considere afectado dalgún modo pola dita actividade poida examinar o expediente orixinado e presentar as observacións ou alegacións que considere oportunas.

Betanzos, 2 de abril de 2011.

Antonio Vázquez Lorenzo
Delegado de Urbanismo