Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16283

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Val do Dubra

ANUNCIO de información pública sobre reforma da fosa de xurro dunha explotación gandeira xa autorizada en Laguelas-Niveiro.

Javier Fraga Landeira, en representación da SAT, San Vicente de Niveiro, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a mellora ambiental consistente na reforma da fosa de xurro dunha explotación gandeira xa autorizada, en Laguelas, Niveiro. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia-, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Val do Dubra, 19 de abril de 2012.

Ramón Camilo Varela Mariño
Alcalde