Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 3 de maio de 2012 Páx. 16277

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO de información pública sobre os estudos individualizados dos núcleos rurais de Lago (parroquia de Abragán) e Quetesende (parroquia de Piñeiro).

De conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, os estudos individualizados dos núcleos rurais de Lago (parroquia de Abragán) e de Quetesende (parroquia de Piñeiro), sométense ao público durante un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar as alegacións que procedan.

O Corgo, 12 de abril de 2012.

José Antonio Ferreiro González
Alcalde