Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente LU-RES 2011/138.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas e de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na Rolda da Muralla n.º 70-2.º do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 10 de abril de 2012.

José M.ª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2011/138.

Interesado: Eusebio Romero Montoya.

Acto notificado: proposta de resolucion de expediente sancionador.