Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16309

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 3 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (IN519B).

Detectado erro na devandita orde de axudas, publicada no DOG n.º 74, do 18 de abril de 2012, procede facer a seguinte corrección:

Na páxina 13971, artigo 6.2, onde di: «2.4. Acordo do Pleno do concello para acometer a actuación solicitada», debe dicir: «2.4. Acordo do Pleno do concello ou do órgano municipal que ostente a atribución competencial para acometer a actuación solicitada».