Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 4 de maio de 2012 Páx. 16685

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (198/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 198/2009, seguido neste xulgado, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Na Coruña, o catorce de marzo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 198/2009 seguidos por instancia de Daniel Suárez Feiro, representado por Juan Antonio Suárez Arias e asistido polo seu letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Electricidad Senín, S.L., en rebeldía procesual, o seu administrador concursal, que non comparece, e o Fogasa, que non comparece; a litis versa sobre reclamación de salarios.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada por Daniel Suárez Feiro, representado por Juan Antonio Suárez Arias e asistido polo seu letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Electricidad Senín, S.L., en rebeldía procesual, o seu administrador concursal, que non comparece e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 928,00 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET. Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Electricidad Senín, S.L., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de marzo de 2012.

A secretaria xudicial