Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 7 de maio de 2012 Páx. 17060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2012 pola que se fai pública a formalización dun contrato de subministración, suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 138.2 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de subministración: subministración para a adquisición e implantación de aplicativos informáticos para a xestión administrativa do ente público Portos de Galicia (EPPG).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Departamento Económico-Financeiro.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15753

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de subministración, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: subministración para a adquisición e implantación de aplicativos informáticos para a xestión administrativa do ente público Portos de Galicia (EPPG).

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 74 (modificado no DOG núm. 92).

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 14 de abril de 2011 (modificación publicada o 12 de maio de 2012).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato: 484.520,30 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 440.473,00 euros. Importe total: 519.758,14 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 28 de febreiro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 18 de abril de 2012.

c) Contratista: T-Systems ITC Iberia, S.A.U.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 396.426,60 euros. Importe total: 467.783,39 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia